Quen somos?

O Comando Esbardalle é un grupo formado por persoas con intereses comúns, nomeadamente a poesía. A nosa motivación é promover a cultura e animar á xente a que participe dela, intentando romper a barreira que separa “artista” e “público”.

Ó longo da nosa traxectoria realizamos ducias de timbas poéticas, representacións dramáticas e microteatro en bares, prazas e festivais, mesturando a poesía coa música, o teatro ou a pintura.

As “Timbas Poéticas” tentan recuperar a dimensión oral e pública da poesía, frente ao carácter escrito e privado que ten maioritariamente dende hai décadas. Igualmente, procúrase a conexión co público, a espontaneidade, a improvisación e a interacción coa música en directo. Xúntase á poesía a música, o humor ou a crítica social, sempre cun micro aberto para que calquera, a modo dunha jam session, poida participar tanto cos seus textos coma coa música.